Comeza a regularización catastral en Santiago

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, comunicou en rolda de prensa que a Dirección Xeral do Catastro, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, está a levar a cabo un procedemento de regularización catastral que se prolongará ata mediados de 2017 no noso Concello.

A maior parte de modificacións deberánse, segundo explicou a edil de Facenda, abrehabilitacións de vivendas e locais comerciais.

Este procedemento non supón nin suporá ningún tipo de sanción para os e as contribuíntes. As notificacións de Catastro serán enviadas ás persoas interesadas a mediados de 2017.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -