Manuel Dios, concelleiro de Educación e Cidadanía, achegouse onte ao CEIP das Fontiñas, para participar no comezo do Programa de Conciliación de Verán organizado polo Concello de Santiago no que participan 184 nenos e nenas de primaria (de 3 a 12 anos). O programa durará durante todo o mes de xullo e rematará o 9 de setembro.