Comeza o Curso escolar

Visita institucional ao centro de educación infantil e primaria López Ferreiro

O curso escolar comezou hoxe para os preto de 198.000 alumnos e alumnas de educación infantil e primaria que hai en Galiza. 8.500 deste alumnado fíxoo en Compostela aos que haberá que sumar 6.200 de ESO e Bacharelato que o farán nos vindeiros días. Na capital o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañados polo director territorial de Educación da Xunta de Galicia, Xesús Oitavén e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitaron o centro de educación infantil e primaria López Ferreiro. Román Rodríguez explicou algunhas das novidades que terá o alumnado a partir do día de hoxe.

- Publicidade -

En todo caso, segundo fontes da mesma consellaría, tres colexios da provincia de Pontevedra non comezaron con normalidade. O CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, iniciarán curso dous días despois por mor dunhas obras; no CPI da Cañiza o servizo de comedor comezará o día 15 e no CRA María Zambrano do Rosal por mor dunhas obras o alumnado escolarizaranse de xeito provisional noutra escola infantil próxima.

Plurilingüísmo

Outro dos temas polémicos é a aposta da Xunta polo plurilingüísmo. Por primeira vez introdúcese nas etapas de Infantil, Bacharelato e Formación Profesional. Así, este curso iníciase con 322 centros plurilingües, 40 máis que o ano pasado. No López Ferreiro ademais con ferramentas tecnolóxicas que as máis cativas e cativos puideron probar o primeiro día.

Martiño Noriega: “Un sempre quere máis pero non sempre hai recursos”

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, salientou tamén a normalidade do inicio deste curso e o investimento do concello no plan de mantemento para os centros públicos de Compostela.

Os sindicatos: discurso oposto

A CIG denuncia máis recortes e máis inestabilidade laboral no ensino público

Mália a normalidade do día de hoxe a situación está lonxe de verse normalizada no tema do profesorado. Este mércores 13 ás 11 horas o sindicato maioritario no ensino público galego, a CIG, convocou unha concentración diante da Consellaría de Educación para amosar o rexeitamento dos recortes no profesorado e o aumento da inestabilidade laboral así como o empeoramento das condicións de traballo.

https://nostelevision.gal/normalidade-no-apostol-santiago-na-escola-municipal-de-musica-neste-comezo-de-curso/

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego