Home Programas Área Compostela Comeza o acondicionamento das novas hortas urbanas de Compostela

Comeza o acondicionamento das novas hortas urbanas de Compostela

0
Comeza o acondicionamento das novas hortas urbanas de Compostela
SONY DSC

Esta mañá comezaron os traballos de acondicionamento das novas hortas urbanas de Campo das Hortas, para os que se prevé un prazo de mes e medio. O obxectivo é que os seuas adxudicatario e adxudicatarias poidan empezar a cultivar os terreos ao longo do mes de Marzo. O edil de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro,a mosou a súa satisfacción de que por fin se faga realidade algo que en Compostela empezárase a falar xa dende o ano 2008, e indicou cales son esas parcelas

Os veciños terán a súa disposición un total de 287 parcelas. Xan Duro explicou a ordenanza que regula o acceso a estas hortas. Así, a concesión dos terreos é por dous anos, renovables ata catro. Cada horta contará cunha billa de auga, estarán separadas por pavimento de terrizo con valados e haberá un espacio de socialización con tres bancos, unha caseta para ferramentas e un composteiro.