Home Programas Área Compostela Comeza no San Clemente o programa “O galego é un mundo”

Comeza no San Clemente o programa “O galego é un mundo”

0
Comeza no San Clemente o programa “O galego é un mundo”

O IES San Clemente acolleu a primeira das doce conferencias interactivas que integran o programa de dinamización lingüística “O galego é un mundo”, impulsado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística para promover entre alumnado de educación secundaria a valoración da diversidade lingüística e a erradicar algúns dos prexuízos existentes arredor do galego. A conferencia inaugural realizouna o sociolingüísta bengalí Anik Nandi.

María del Carmen Viñas Álvarez, directora do IES San Clemente, conversou con Nós
María del Carmen Viñas Álvarez, directora do IES San Clemente, conversou con Nós

Os relatorios interactivos deste programa chegarán, tamén a Rianxo, Carral, Arteixo, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Forcarei, Verín, Xinzo de Limia, Navia de Suarna e Ribadeo

No acto estivo presente Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística quen apuntou a importancia de coñecermos a situación internacional doutras linguas.

María del Carmen Viñas Álvarez, directora do IES San Clemente, parabenizouse de que escolleran o seu instituto para o inicio do programa.