Comezou hoxe a campaña “En negro contra a violencia” na que participan 17 concellos galegos nesta edición. En Compostela iniciouse cunha presentación diante os medios de comunicación na que participaron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; a directora artística da campaña, Uqui Permuy; a Directora Técnica, Lucía Canoura; e a responsable do hotel onde se presentou a iniciativa.
Permuy explicou algunhas das características da campaña e o funcionamento da páxina web que centralizará todos os datos da mesma.
A distribución do material será desde o Matadoiro Compostela
O Centro Matadoiro foi o lugar escollido para centralizar toda a campaña en Compostela. Alí recepcionan e distribúen todo o material que se realizou grazas a varias marcas patrocinadoras.
No momento de pechar esta nova eran 2.042 os establecementos participantes entre os que figuran todo tipo de establecementos e sectores. En Santiago xa se podían ver desde primeira hora da mañá nos escaparates e no exterior de comercios para lembrarlle á sociedade que hai que rematar coa lacra da violencia machista.