Logo da xuntanza realizada onte na que participaron máis de 70 persoas quedou constituído o grupo motor que dirixirá o proceso de orzamentos participativos do Concello de Santiago para o ano 2017.
María Rozas, Concelleira de Facenda, explicou na mañá de hoxe; en rolda de prensa, a proposta do goberno municipal.