Comeza a andar, dez anos despois, o proxecto de Vía Verde entre Santiago e Cerceda

Actívase a Vía Verde entre Santiago e Cerceda

Dez anos despois o proxecto de Vía Verde entre Santiago e Cerceda semella comezar a andar. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu hoxe o acto de sinatura do protocolo para o desenvolvemento desta iniciativa na que tamén participan os municipios de Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda.
A Vía Verde Santiago-Cerceda será a de maior lonxitude de toda Galicia, logo da ampliación do seu percorrido respecto ao proxecto de 2008 de 24 a 36,9 quilómetros de lonxitude. O protocolo asinado hoxe contempla a creación dunha comisión para o seguimento e desenvolvemento das actuacións vinculadas á Vía Verde, que estará formada por dous representantes de cada un dos concellos incluídos no proxecto.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego