Home Programas Área Compostela Comeza a andaina dos #OrzamentosParticipativos do 2018

Comeza a andaina dos #OrzamentosParticipativos do 2018

0
Comeza a andaina dos #OrzamentosParticipativos do 2018

A cidadanía compostelá maior de 16 anos ten, outro ano máis, a posibilidade de participar no programa Compostela Decide. A concelleira de Facenda, María Rozas, presentou hoxe en rolda de prensa os prazos e as principais novidades da edición deste ano logo de que o Grupo Motor, conformado por persoas de asociacións e persoas a título individual queren, pechara o Regulamento o pasado luns 5 de xuño. Neste proceso, a cidadanía poderá decidir onde investir 1,5 millóns de euros

Ábrese o prazo para presentar propostas aos orzamentos participativos

Ata o vindeiro 30 de xuño estará aberto o prazo para poder facer propostas de investimentos e de actividades aos orzamentos participativos, o proceso denominado Compostela Decide. Ben mediante a participación nos encontros abertos ou ben a través da páxina web do proceso participativo.

Primeiro encontro

María Rozas adiantou que a primeira asemblea de diagnose e propostas, aberta a quen queira acudir, é este xoves 8 no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, á que seguirá á asemblea de Festas, o venres 9 no mesmo emprazamento. A vindeira semana celebraranse as catro asembleas de zonas: o luns 12 da zona Urbana Norte no CSC de Vite, o martes 13 da zona Urbana Sur no CSC de Santa Marta e o mércores 14 do Rural Norte no CSC de Vite.