Un ano máis, o Concello de Santiago compromete a súa colaboración para os actos da Gala do Libro Galego, que se celebrará na cidade o vindeiro mes de maio no Teatro Principal. Este evento naceu no 2016, logrando unificar ao sector literario e dotándoo dun maior nivel de prestixio. A Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña decidiron este ano sumarse ao proxecto e colaborar coa organización da Gala.
Un gran evento cultural
Nesta terceira edición, a organización correrá a conta da Federación das Librarías de Galicia. A súa presidenta, Pilar Rodriguez, fixo un chamamento á participación cidadá e confiou en poder celebrar este evento no Auditorio de Galicia algún día, e enchelo “nun gran evento cultural” que una a tódalas persoas amantes da literatura galega.
Nesta xuntanza, abordáronse cuestións coma a composición do xurado que elixirá as persoas premiadas ou o deseño da peza que será entregada como galardón.
https://nostelevision.gal/asi-foi-gala-libro-galego/