Comeza a viaxe

Coordenadas é un espazo, unha idea, unha oportunidade para reflexionarmos xuntas, sobre aqueles temas que competen aos feminismos, sobre a diversidade das voces, das escritas, sobre esa actualidade que ás veces pasa demasiado axiña e con análises demasiado superficiais sen pensar nas distintas perpectivas daquilo que se ve ou que vemos as que estamos en lugares intermedios. As que están doutro lado. Para iso inicia o camiño “Coordenadas”, para que cada unha dende a súa, sexamos capaces de traballar mellor e máis coordinadas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego