Home Programas Espazo Aberto Comeza a Rapa das Bestas máis internacional

Comeza a Rapa das Bestas máis internacional

0
Comeza a Rapa das Bestas máis internacional

A nova edición da Rapa das Bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, arranca este venres e continuará ata o 8 de xullo. Este ano a festa é aínda máis internacional ao contar con máis dunha ducia de países acreditados. Un dos nomes deste ano do cartel do Festival Rapasóns, que transcorrerá no medio da festa, terá como cabeza de cartel á intérprete Rosa Cedrón.

A Rapa xa arrancou coa misa en honra a San Lourenzo e a suba ao monte, onde se xuntan as distintas mandas. As bestas son conducidas na baixada ao pobo onde se celebrarán os tres curros: o do sábado, ás sete da tarde, o do domingo, ás 12 do mediodía, e o luns, tamén ás 12 do mediodía. O curro do luns terá carácter solidario xa que unha parte do recaudado será entregado ao Banco de Alimentos.