O coordinador parental é unha figura de apoio en casos de divorcios con fillos, que se impulsou fai catro anos en Cataluña e a Xunta estuda implantar en Galicia desde fai un mes. Varias asociacións galegas comezaron unha mobilización en contra, manifestando que desvirtúa ás vitimas de violencia infantil e de xénero, xa que “é unha figura que actuaría como mediadora en divo rcios conflitivos, cando existe negativa por parte dos nenos ou nenas a ter relación cun proxenitor”. Falamos con Estrela Gómez, Coordinadora de Agamme.
O coordinador parental non entende aos nenos e nenas como suxeitos que deben ser escoitados e cuxa vontade debe ser tida en conta
Considerada unha medida que “antepón o dereito paterno sobre a seguridade das vítimas”, as oito asociacións presentaron hoxe no Parlamento un manifesto pedindo que se paralize o debate sobre a implantanción do coordinador parental e que ante todo se protexan as vítimas.
Toda a información da denuncia
As entidades participantes son: A.C. Fuco Buxán, Adavas Baixo Miño, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, Asociación de Profesionais dos CIM, Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, Marcha Mundial das Mulleres, Observatorio das Mariñas pola Igualdade e Sindicato Labrego Galego