Comeza a andaina dunha nova edición de Youtubeir@s

O proxecto Youtubeir@s lanza a súa terceira edición, con máis premios e categorías nun dos máis exitosos programas de dinamización lingüística do país

Comeza o prazo de inscripción do Proxecto Youtubeir@s, no que participan as tres universidades, 13 Concellos e a Deputación da Coruña. Na inauguración da súa terceira edición, referíronse a el como o proxecto de dinamización lingüística máis importante do país, que consegue, de xeito eficaz, traspasar barreiras e levar á vez o galego as redes sociais e á xeracións máis mozas.

“Promover e darlle visibillidade ao galego a través de Youtube” foi e é o principal obxectivo, pero ademais estase a converter nun xeito de promocionar a creación nacional e outorgar un espazo para densenvolver as cualidades artísticas, como as webseries e a música, á cal se lle adica este ano unha nova categoria:, vídeo-cantarmos. Tamén, debido ao éxito das edicións anteriores, este ano a coantía dos premios suma 6.500 euros e o prazo de inscripción rematará o 27 de setembro.

A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo son os Concellos que participan, xunto coas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo e a Deputación da Coruña.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego