A veciñanza de Calo, no concello coruñés de Teo, advertiu de que a empreza iniciou xa o movemento de maquinaria na canteira de Casalonga co obxetivo de proceder ao baleirado da lagoa por un regato que pasa por Francos cara o río Tinto. A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos sostén que xa llo comunicou á Garda Civil que constantou que coa evacuación se estaba permitindo a baixada tanto das percas como das esporas da herba da pampa, unha pranta catalogada como “a máis invasora do mundo” segundo o catedrático de Botánica da Universidade de Oviedo, Tomás Emilio Díaz. A Plataforma teme que se non se fai nada para impedilo, as prantas chegarán ao río Tinto e de este vaian ao río Sar e ao río Ulla.
Ademais, e segundo denuncia a Plataforma, a empresa está a utilizar maquinaria que excede a limitación de 4,5 toneladas da pista. Por esta razón, pide á veciñanza que constaten o que está sucedendo a través de fotografías e vídeos para denunciar a situación.