Home Programas Área Compostela “Coidar para mellorar”. Así son as novas axudas para o comercio local

“Coidar para mellorar”. Así son as novas axudas para o comercio local

0
“Coidar para mellorar”. Así son as novas axudas para o comercio local

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentaron hoxe no Pazo de Raxoi a nova convocatoria de axudas para a mellora do comercio local. Trátase dunha convocatoria que é resultado da unificación de varias axudas que xa existían.

Nace a Iniciativa para axudas ao pequeno comercio “coidar para mellorar”

Deste xeito, esta nova convocatoria de axudas busca mellorar a eficiencia no uso de recursos públicos e incrementa a contía ata os 40.000 euros, simplificándose os trámites para solicitalas. Son tres as liñas de axudas:  axudas para investimentos na adecuación física dos locais, investimentos en TIC e outras innovacións e axudas para gastos de comunicación realizada en lingua galega.

Unha das novidades desta convocatoria está nos cheques de consultoría aos que poden acceder os comercios para a reforma e interiorismo dos locais. Son un total de dez e consisten na posta a disposición dos comercios beneficiarios de servizos profesionais cuxo obxectivo é realiza unha avaliación interna da que se obterá un informe sobre as necesidades detectadas. Noutro orde de cousas, o prazo para a presentación das solicitudes rematará o 22 de Outubro.