COGAMI adhírese ao proxecto Liberty responde

Preténdese mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidades sobrevidas

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade formalizou a súa adhesión ao programa Liberty Responde, unha iniciativa posta en marcha polo Grupo Liberty Seguros e a Fundación Konecta co obxectivo de mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidades sobrevidas. A formalización desta adhesión realizouse no Pazo de Raxoi en presenza do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte.

O vicepresidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Ramón Sestayo, agradeceu o compromiso do Concello de Santiago coa accesibilidade, e salientou que aínda queda moito por facer neste tema para dar solucións ás persoas con mobilidade reducida.

O servizo compleméntase cunha liña telefónica gratuíta, o 900 844 443.

O proxecto Liberty Responde botou a andar hai dous anos, e conta coa participación do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, Aspaym Madrid, o Ceadac. FAMS-COCEMFE-Sevilla, e agora Cogami.

- Publicidade -