Este Nadal, o Concello e a Praza de Abastos poñen en valor a cociña tradicional galega. Tal e como adiantara o pasado martes a concelleira de Mercados Noa Morales, esta semana celebraranse na aula de formación da Praza compostelá dous obradoiros gastronómicos para a mocidade. O obxectivo é atraer á xente máis nova aos pratos tradicionais e os produtos da terra, así como ensinarlle hábitos de consumo e alimentación saudábeis. Tres cociñeiras expertas, con toda unha vida de experiencia no sector hostaleiro, serán as encargadas de impartir os cursos.
A comida de sempre
Os obradoiros desenvolveranse de 18 a 21 horas entre o mércores e o xoves desta semana, e as alumnas e alumnos terán a oportunidade de cociñar arroz con luras, carne guisada ou chulas. En vista do éxito da iniciativa, tanto o Concello coma as propias cociñeiras confían en poder repetila máis adiante.