Home Espazo Aberto Lingua ‘Coa palabra na boca’, un libro para traballar o noso refraneiro nas escolas

‘Coa palabra na boca’, un libro para traballar o noso refraneiro nas escolas

0
‘Coa palabra na boca’, un libro para traballar o noso refraneiro nas escolas

‘Coa palabra na boca’ trátase dunha obra realizada polo profesor Xaime Iglesias no marco do Proxecto Fraseoloxía Galega. O libro, editado polo Centro Ramón Piñeiro, foi presentado este xoves polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que destacou a importancia do refraneiro para a sociedade.

A obra presenta unha primeira parte teórica na que define que é un refrán e explica a súa orixe, características, contextualización, temática, estrutura e esquemas, recursos métricos e estilo. A segunda parte, máis práctica, recolle actividades para a ensinanza que combinan as áreas de coñecemento e tamén as idades das destinarias.