O próximo sábado 12 de xaneiro está convocado o XXVI Campionato Provincial de Caza Raposo no Concello de Cercedo-Cotobade. Organizada pola Federación Galega de caza de pontevedra, colaboran na actividade a empresa de celulosa ENCE e a Xunta de Galicia, que recoñece a caza como un deporte.
Isto ocorre a pesar de que o Parlamento Galego aprobou unha moción presentada polo Bloque o pasado marzo para non “financiar nin apoiar” este tipo de actividades. Por este mesmo motivo quixemos falar na mañá de hoxe con Luis Bará, deputado do BNG no Parlamento, que censura que estas prácticas se desenvolvan baixo a xustificación de “actividade deportiva”.
“Non é deporte, é unha matanza”
A Federación Galega de Caza, entidade organizadora do polémico evento, recibiu nos últimos cinco anos algo máis de 140.000 euros de diñeiro público grazas ás subvencións proporcionadas pola Xunta de Galicia. Deste computo, a federación destinou practicamente 40.000€ aos campionatos de caza do raposo.