A CNT Galiza vén de rexistrar na Xunta a convocatoria de folga de cara ao 8 de marzo. Asemade, o sindicato reuniuse nas últimas datas con representantes de En Marea, PSdeG e PP, obtendo un rexeitamento pouco argumentado e esquivo do Goberno galego: “As mulleres están moito peor nos países comunistas e islámicos”, indicou a deputada popular Paula Prado.
Os socialistas e a coalición de esquerdas si que respaldan as propostas da CNT, namentres o BNG aínda non respondeu á petición do sindicato de manter unha xuntanza. A sindicalista Rita Giráldez ve “moita predisposición” nos partidos da oposición de cara a implantar políticas de igualdade no país.