Home Programas Espazo Aberto Clamor popular en Teo contra a instalación dunha nova pranta de residuos

Clamor popular en Teo contra a instalación dunha nova pranta de residuos

0
Clamor popular en Teo contra a instalación dunha nova pranta de residuos
Imaxe cedida

Entre 2000 e 5000 persoas, segundo os datos ofrecidos pola organización,participaron onte en Teo nunha abrumadora marcha contra a instalación dunha pranta de residuos altamente contaminante proxectada pola empresa Toysal nas inmediacións do monte Casalonga.

O acto, organizado pola Plataforma veciñal Casalonga Limpa de Resíduos, comezou ás 11h en 7 puntos diferentes, abarcando un radio de 2km do lugar onde a empresa Toysal proxecta instalar a pranta de resíduos, simbolizando a unión da veciñanza contra a chegada das instalación da empresa Toysal.

“Fóra Toysal, nós chegamos primeiro”

Este domingo a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos comezou a súa loita, “esta andaina pretende ser unha metáfora dos primeiros pasos que nos conducirán á victoria sobre aqueles que queren encher de merda o lugar onde nacemos e vivimos, onde traballamos, onde os nosos avós e avoas se sentan a tomar o fresco, ou onde os nosos fillos e fillas xogan ó saír da escola” reza o manifesto.

Imaxe cedida

Unha extensión equivalente a uns 14 campos de fútbol

“Non imos parar” din desde a organización ao tempo que anuncian que esta marcha de onte supón o punto de partida dunha dura batalla contra o “burato negro” que ameaza ao sur da comarca de Compostela. Nada máis e nada menos que unha balas de almacenamento de residuoscon 7.000 metros cúbicos de capacidade, a tan só 400 metros dun núcleo de poboación e ocuparía uns 135.000 metros cadrados. Tratariase unha planta de reciclaxe para o tratamento anual dunhas 90.000 toneladas de residuos de orixe animal, xurros e lodos para a obtención de biogás e fertilizantes.

Unha batalla, ademais, que se suma xa a mantida en Touro e O Pino contra a reapertura da mina de cobre e á de Miramontes contra o vertedoiro descontrolado.

“Fóra Toysal, nós chegamos primeiro”

Clamor popular en Teo contra a instalación dunha nova pranta de residuos

Publicada por Nós Televisión en Lunes, 18 de junio de 2018