A 31º edición do Cineuropa únese á revolución cunha programación ambiciosa. Do 7 ao 28 de novembro este festival reunirá na capital galega a figuras do cine como Costa Gavras, Manuel Martín Cuenca, Carla Simón e Leonardo Sbaraglia. Coincidindo co centenario da revolución de outubro haberá un ciclo temático e no panorama internacional participarán 23 filmes. Na presentación diante dos medios de comunicación estiveron o alcalde, Martiño Noriega, a Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director de Cineuropa, José Luís Losa.
A Deputación da Coruña súmase este ano ao corpo de organismos que posibilitan o impulso do festival
Goretti Sanmartín parabenizouse de que o festical acadara este ano unha axuda da Deputación dentro das que se dan a eventos de dinamización nos concellos. Pola súa banda, a edil de Acción cultural, Branca Novoneyra salientou que este ano poderán verse 27 obras audiovisuais galegos, e reivindicou a necesidade de facer cine no país e en galego. Por último o director do festival, José Luís Losa, explicou que a idea temática da revolución quixeron facela transversal.
Do 7 ao 20 de novembro
Na sección oficial participarán 37 filmes, todos de recoñecida traxectoria internacional noutros festivais. As sedes do Festival serán o Teatro Principal, o Salón Teatro, o CGAC, a sede de Afundación, o Auditorio e a sala Númax. As entradas podense mercar a través das billeteiras da sedes ou por internet.