Fotograma de 'Hamada'.

O 21 de outubro chega a edición 17 da Semana de Cine Euroárabe Amal. Presentárona o seu director, Ghaleb Jaber Martínez, xunto a Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais.

O festival ten coma un dos obxectivos principais o rexeitamento de prexuízos cara o mundo árabe, aínda estigmatizado na nosa sociedade: “Pensamos aquí o facemos todo moi ben e alí moi mal, que os árabes son un salvaxes que non teñen dereito á democracia ou a unha vida pacífica porque entre eles se matan”, ironiza Ghaleb Jaber, que lembra que detrás dos conflitos en Oriente Medio sempre hai intereses lucrativos por parte de occidente.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Tamén sinalou cara unha “atomización” dos países árabes provocados polos países occidentais “portaminas e delineantes”, que debuxan fronteiras baixo os seus intereses, “como xa fixeron en África”.

Pon como exemplos aos países protexidos polos Estados Unidos, como Arabia Saudita, “os máis restrictivos en canto a dereitos” co consentimento de occidente e doutra banda ao Iémen, que “ten unha cultura riquísima” pero que é un país que sofre a diario abusos e unha guerra sen que “os medios internacionais se fagan eco do problema”.

O festival, do 21 ao 25 de outubro

Arrancará co documental “La guerra empieza aquí”, que conta como un bombeiro vasco se negou a participar nun operativo para enviar toneladas de armas fabricadas en Euskadi a Arabia Saudita, precisamente para atacar ao Iémen. Tralo documental, haberá un coloquio sobre o negocio da venta de armas.

Tamén se proxectará “Hamada”, un documental do galego Eloy Domínguez sobre a vida nun campamento de refuxiados no Sáhara. Haberá filmes de Exipto, Palestina, Líbano ou Francia.

Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, salientou a oportunidade que supón o Amal de ver cine “que vai máis alá do comercial” e xa o considera un clásico do cinema galego, programado entre o Curtocircuito e o Cineuropa.

Podes ver aquí o programa completo

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -