O cine chega a Ames polo Nadal

Ata o pasado 15 de decembro a mocidade de Ames tivo a posibilidade de escoller que filmes quería ver dentro da programación de Nadal. As longametraxes escollidas proxectaranse en Bertamiráns e no Milladoiro e terán lugar en dúas sesións que se celebrarán ao longo do Nadal neste Municipio. A primeira destas sesións terá lugar o día 29 de decembro, mentres que a segunda se desenvolverá o 4 de xaneiro. “Capitán Calzóns, o seu primeiro peliculón”, “A Momia”, “Gru 3, o meu vilán favorito” e “Rogue One” serána algunhas das películas que se proxectarán xunto ás máis votadas: “Nunca apagues a luz” e “The Conjuring II. Expediente Warren: o caso Enfield”.

- Publicidade -

As entradas para as proxeccións xa están dispoñibles na Billeteira do Concello de Ames. O prezo por cada entrada é de 2 euros para maiores de idade e de 1 euro para menores de 18 anos. Máis información na páxina web do concello.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego