Cinco entrevistas de Nós Televisión para ver neste Nadal

A equipa de Nós Televisión traballa arreo todos os días para xerar contido audiovisual galego e en galego para que todas vós poidades gozar del. Nunha data tan especial, e dentro dun duro contexto, decidimos traervos unha listaxe que recolle algúns dos mellores programas e reportaxes que realizamos nos últimos meses.

1 – Sés, cantareira de oficio

Tamén conversamos con Sés. Desta volta, falamos sobre Luz Fandiño, o ser hot, e non cool, as e os que soben ao escenario na praza da Quintana, a xestión cultural, a lingua galega… Falamos do pobo e, sobre todo, do oficio galego de ser cantareira.

2 – Entrevista con Víctor Freixanes

Víctor Freixanes, presidente da RAG, falounos da necesidade clara dun pacto polo galego: “Nunca houbo tantos recursos potenciais de calidade e coñecemento da lingua, pero ao mesmo tempo hai uns problemas e desafíos nas sociedades contemporáneas e na galega que non podemos ignorar, á marxe do que pase nunhas eleccións”.

3 – Margarita Ledo Andión

A intelectual e cineasta reflexa “a participación na loita política das mulleres” o que converte a ‘Nación’ “nun filme de clase e no que imos coñecer moitas cuestións que foron esvaendo”. A partir desta fío, que abrimos coa obra ‘Nación’, conversamos con Margarita Ledo sobre a clase traballadora, os feminismos e o cinema.

4 – Koldo Tellitu

Camiñamos con Koldo Tellitu, presidente da Confederación de Ikastolas, polas rúas de Compostela para falar sobre a situación do éuscaro, como se sitúan as ikastolas dentro do sistema público de ensino vasco, os protocolos ante a covid e os plans de futuro das ikastolas.

5 – Xosé Manuel Beiras

 

Entramos na biblioteca de Xosé Manuel Beiras para debullar a política e os movementos sociais galegos desde os 90 ata hoxe.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego