O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística responderon esta mañá á resolución da Valedora do Pobo da queixa presentada sobre a exclusión e discriminación do galego como consecuencia da aplicación da LOMCE na ESO.
Anxo Louzao explicou a grande reducción da presenza do noso idioma coa aplicación da LOMCE e esixiu a derrogación do Decreto de Plurilingüismo. Tamén o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, asegurou que se está a discriminar o galego no ensino e denuncia a complicidade da Valedora co comportamento da Consellería de Educación da Xunta de Galiza.
O presidente da @amesanl, @maceiragz, censurou a completa "complicidade" da Valedora do Pobo co goberno da Xunta https://t.co/jFmxLY6mZM pic.twitter.com/QquNjPF1Ic
— Nós Televisión (@NosTelevision) 04 maio 2017
17 de maio, manifestación de Queremos Galego
Marcos Maceira convidou á cidadanía a rexeitar esta situación acudindo á manifestación que ten convocada a Plataforma Queremos Galego para o vindeiro 17 de maio baixo o lema “en galego sen límites” e que sairá ás 12h da Alameda compostelá.