Home Programas Área Compostela A CIG convoca mobilizacións en toda Galiza polas ameazas ao sistema de pensións

A CIG convoca mobilizacións en toda Galiza polas ameazas ao sistema de pensións

0
A CIG convoca mobilizacións en toda Galiza polas ameazas ao sistema de pensións

O sindicato nacionalista CIG anunciou, para o vindeiro xoves, unha convocatoria de mobilizacións nas principais cidades galegas. O obxectivo é protestar polos ataques permanentes ao sistema público de pensións. O sindicato, a maiores, presentará no Parlamento de Galicia unha recollida de firmas na que reclama que se actualicen as pensións e que estas volvan a estar ligadas ao IPC. Mentres, as máis baixas, pídese que se equiparen ao salario mínimo interprofesional. Saímos á rúa para falar coas persoas afectadas por este sistema que, na actualidade, baséase na precariedade.

O sindicato nacionalista informa nesta ligazón das mobilizacións convocadas

Dende a oposición, a representante do BNG no Parlamento Galego, Ana Pontón, afirmou trala reunión co CIG o pasado 27 de outubro, que íase reclamar unha comisión de estudo sobre dito sistema. O motivo é que o Partido Popular, en palabras de Pontón, está poñendo en mans privadas o que é “unha conquista social dos traballadores”. É preciso lembrar, ademais, que arredor do 60% das pensións galegas están por debaixo do salario mínimo. Polo tanto, estamos á agarda do que aconteza neste inicio de Lexislatura e de como o goberno afronte esta complexa situación.