A CIG chama a mobilizarse para reclamar que se “respecte” a ILP da tarifa eléctrica galega

O sindicato denuncia que o PP “anula a vontade popular” ao invisibilizar a ILP aprobada por unanimidade no Parlamento Galego

Ao tempo que o PP anuncia que unha tarifa eléctrica galega é “xuridicamente inviábel” desde a CIG acusan ao PP de “anular” a vontade do Parlamento e da sociedade galega ao invisibilizar unha ILP debatida en xaneiro de 2016. Daquela, o PP  avalou a súa aceptación a trámite xunto co resto dos grupos parlamentario.

A Confederación Intersindical Galega concentrarase diante do Parlamento, o luns 4 de decembro, para reclamar que se respecte o contido da ILP.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -