A negociación do actual goberno español que dirixe Mariano Rajoy con diferentes formacións políticas non gusta na rúa. Preguntamos á cidadanía en Santiago, mesmo a visitantes, que opina dos acordos aos que chegou o executivo do PP con Coalición Canaria e Nova Canarias polas que este territorio recibirá ao redor de 1.500 millóns de euros.
E Galiza, como sae parada?
Tamén quixemos saber se a poboación visibilizou ou non algún beneficio para Galiza nestes orzamentos xerais do Estado. O noso país apenas sobrepasará en 900 millóns de euros o total de inversións por parte do Estado español nos seus orzamentos, un 32,2% menos que as que se realizaron o ano pasado.