Home Programas Área Compostela Chévere organizará a gala do 8 de marzo

Chévere organizará a gala do 8 de marzo

0

O espectáculo “Bravas e diversas” da compañía Chévere centrará os actos polo Día Internacional das Mulleres o vindeiro 8 de marzo.

“É o epicentro de todas as actividades que desenvolvemos para conmemorar o Día Internacional das Mulleres”

Marta Lois, Concelleira de Igualdade de Santiago

Con formato de gala o seu contido presentouse no Pazo de Raxoi nunha rolda de prensa na que participaron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e parte do persoal do espectáculo: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Esther Carrodeguas, Clara Gayo e Renata Otero.

O formato da gala segue o de Ultranoites, a medio camiño entre o musical e o cabaré.

No espectáculo participarán actrices non profesionais que pasaron por varios obradoiros como explica Esther Carrodeguas.

Bravas e diversas: 8 de marzo ás 20:30 no Teatro Principal

O espectáculo terá lugar no Teatro Principal a partir das 20:30 horas e a entrada é de balde ata completar aforo. As entradas poden retirarse na billeteira do propio Teatro.