A compañía Chévere regresa a Compostela para celebrar o seu trixésimo aniversario cunha coprodución co Concello de Santiago. Chévere 3.0 foi presentado hoxe, nun acto celebrado na terraza do Pazo de Bendaña. Xesús Ron, membro de Chévere, reivindicou o papel da compañía como defensora da cultura galega e en galego, facendo un chamamento para que a xente saiba que este tipo de proxectos en galego poden chegar a ter moito éxito.
Xesús Ron: “O idioma non supón ningún problema para triunfar”
Xesús Ron tamén salientou o feito de que o galego non é un problema á hora de difundir representacións culturais. Como exemplo, cunha obra en galego que presentaron en Madrid lograron encher a sala.
Chévere recupera tres clásicos
As tres montaxes elixidas para formar parte da coprodución co Concello de Santiago son Río Bravo, Annus Horribilis e a Ultranoite no País dos Ananos. Río Bravo estreouse no Teatro Principal en 1990, e regresará ao mesmo escenario do día 4 ao 9 de xullo. Annus Horribilis foi estreada en 1994 e será representada no Auditorio de Galicia entre os días 12 e 14 de xullo. Por último, Ultranoite no País dos Ananos representarase na Praza da Quintana o 19 de xullo.
Miguel de Lira: “Queremos celebrar o aniversario con todo o mundo, tamén con Conde Roa”
Tirando de humor,.@migueldelira lembrouse de #RondeRoa para celebrar o 30 aniversario do Grupo Chévere https://t.co/2bsVw5ynPS pic.twitter.com/lKZshUXD7w
— Nós Televisión (@NosTelevision) 24 maio 2017
O recoñecido actor Miguel de Lira, integrante de Chévere, lembrouse; con moito humor, do ex-acalde compostelán Conde Roa esta mesma mañá, indicando que tamén queren celebrar con el o aniversario do grupo de teatro.
Aínda nas filas da oposición, o polémico anterior dirixente do Partido Popular acusara a Sala Nasa de “enaltecemento do terrorismo”, quen albergaba as representacións teatrais deste grupo de teatro.