Este mércores 18 presentouse o Manifesto Galego polo Clima, un documento elaborado polo Movemento Galego polo Clima e apoiado por máis de 50 organizacións galegas motivada pola mobilización global que terá lugar a finais de mes.
A Sociedade Galega de Historia Natural lembra que a actual situación de emerxencia climática é algo do que se ven advertindo dende hai corenta anos, e considera que chegou a hora de que as administracións -tanto estatais, autonómicas como locais- declaren emerxencia climática. Considera que “non se está tomando en serio a situación”. Ademais, afirman que a administración galega “ten moitos recursos” para loitar contra esta situación, que debe ser prioritaria.
Falamos con Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural:
No Parlamento galego, os grupos da oposición presentaron diversas propostas motivadas pola actual situación climática e criticaron a política forestal e de territorio da Xunta de Galicia, en referencia aos últimos lumes e á proliferación de proxectos extractivistas no país.
Pedro Puy, voceiro do PPdeG, anunciou que será un dos temas tratados no vindeiro debate de estado de autonomía.