Xa están instalados na Praza da Quintana os Labirintos líricos, que están promovidos polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e desenvolvida polo colectivo Boa Mistura. Na presentación desta composición artística estivo presente o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que destacou que esta iniciativa é unha maneira de reivindicar a pluriculturalidade e a diversidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade.

“Marte”, o poema de María do Cebreiro escollido


O fragmento do poema escollido de María do Cebreiro, titulado “Marte”, é “o presente é o verdadeiro protagonista do tempo”. Para poder ler as palabras que compoñen o verso, é preciso observar a obra dende diferentes perspectivas.

- Publicidade -