Este ano as Festas do Apóstolo chegan a Compostela cun maior número tanto de xornadas como de actividades. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou en rolda de prensa a programación destas festas, que se celebrarán do 14 ao 31 de xullo.
18 días con moreas de actividades
Un programa intenso, extenso e variado. Así definiu esta mañá Martiño Noriega as Festas do Apóstolo deste mesmo ano. Seguindo a mesma vontade que os dous último anos, desde Raxoi apostan por diversificar as festas por toda a cidade e aportando actividades para todos os públicos.
A música galega será protagonista e consolídase a aposta dos anos anteriores: o Ciclo Artellando. Do mesmo xeito que nas Festas da Ascensión, os grupos da cidade agrupados no censo Compostela é Música tamén terán o seu espazo propio na Praza do Toural
Uxía: pregoeira das festas
A cantante Uxía Senlle será a pregoeira destas festas tal e como anunciou o alcalde na presentación do programa. A recoñecida cantante e divulgadora da lingua e cultura galega. Desde Raxoi destacan os “importantes recoñecementos musicais” de Uxía como, en especial, o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio ao Mellor Álbum de Música de Raíz nos Premios de la Música Independiente de España por Meu Canto
Martiño Noriega: “Uxía é unha compostelá máis e está moi presente na vida cultural da nosa cidade”
Uxía (@uxiamusica) será a pregoeira das Festas do #Apostolo2017. Así o deu a coñecer esta mañá @martinhonoriega https://t.co/IYvgzqgdDl pic.twitter.com/YrpEGP6qsy
— Nós Televisión (@NosTelevision) 5 de julio de 2017
Que destaca neste Apóstolo?
Nos primeiros días do Apóstolo 2017, do 14 ao 18 de xullo, a Quintana acollerá o ciclo Terra de Fraternidade. O 20 de xullo actuará a Real Filharmonía de Galicia acompañada pola cantante Uxía Senlle.
Nos seguintes días, ofreceranse unha ópera de Verdi, un certame Folk e os concertos de The gift e The Chevelles. O 25 de xullo terá lugar na Quintana un concerto que estará protagonizado exclusivamente por bandas galegas, entre elas Novedades Carminha. O día seguinte chegarán os barceloneses Dorian, que compartirán escenario con Tórtel. Tamén haberá un apartado musical coa volta do programa Artellando. Contaremos tamén con outros eventos como o Circompostela, o cine ao aire libre ou a xornada de cultura xamaicana.