Chegan as primeiras mobilizacións galegas contra o “golpe de Estado” en Venezuela

Colectivos cidadáns, partidos políticos e sindicatos rexeitan en Galicia a intervención de EEUU e a Unión Europea nese país sudamericano

A situación que está a vivir Venezuela non pasa desapercibida en Galicia. Varios colectivos, partidos políticos e sindicatos convocaron para estes días varias concentracións para denunciar o que denomnan “golpe de Estado” nese país sudamericano. Reivindican o Dereito internacional e rexeitan “inxerencias” que poden agochar outros fines lucrativos e non os expresados ata o de agora.

Estes colectivos están a artellar unha plataforma máis ampla coa que chegar a realizar mobilizacións noutras cidades galegas nos vindeiros días. En Vigo a concentración é na hoxe na Farola de Urzaiz e en Compostela está convocada para o 31 de xaniro as 20h. na Praza do Toural.

Manifesto de intelectuais

Nas últimas horas deuse a coñecer un manifesto asinado por intelectuais do noso país que rexeitan a “inxerencia” en Venezuela e piden ao presidente do goberno español, Pedro Sánchez, que rectifique a súa postura cara Venezuela.

O documento está asinado, entre outras persoas, por Margarita Ledo, Carlos NúñezXosé L. Méndez Ferrín, Anxo AngueiraXosé M. Beiras.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego