As novas tecnoloxías alíanse coa cidadanía. O concello de Santiago vén de presentar unha nova ferramenta que fará accesible a través do portal web municipal toda a información xeográfica relativa ao municipio: o Xeoportal.
Meses de traballo
Meses de traballo deron como resultado un visor que permite situar a información relativa ao concello de Santiago enriba do mapa mesmo a través do tempo. Explicouno o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, que estivo acompañado polo xefe da sección de Cartografía do Concello, Rogelio Canedo.
Compostela desde 1783
O xefe da sección de Cartografía do Concello explicou o funcionamento e as particularidades do Xeoporta que, na actualidade, ten incorporados máis de 300 documentos urbanísticos e todas as ortofotos realizadas dende 2001 a 2014 no Concello de Santiago.
Un instrumento vivo e accesible
O Xeoportal está adaptado para posibilitar as descargas de mapas e tamén a súa accesibilidade para calquera ordenador, tablet ou teléfono móbil.