A concelleira de Turismo, Marta Lois e o representante da Asociación Hostalería Compostela Ramón García, presentaron en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a novena edición de Santiago(é)tapas, que comeza este xoves 17 de outubro e rematará o domingo 4 de decembro.
Santiago(é)tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade para facilitar desestacionalización da oferta na cidade.
Como noutras ocasións a votación popular será a responsable de decidir tres premios: o primeiro premio, Tapa do Público 2016, dotado con mil euros; o segundo premio, dotado con 500 en produtos, e o premio (É)xcelente 2016, para o local con mellor servizo integral. Nesta edición o gañador do primeiro premio, ademais, será o representante de Santiago no evento De Tapas por Galicia ou calquera outro evento similar.