Home Programas Espazo Aberto Chega o cartaz do Festigal 2019 co ska-punk de Banda Bassotti e a nova-charanga das Brassica Rapa

Chega o cartaz do Festigal 2019 co ska-punk de Banda Bassotti e a nova-charanga das Brassica Rapa

0
Chega o cartaz do Festigal 2019 co ska-punk de Banda Bassotti e a nova-charanga das Brassica Rapa

O Festigal 2019 terá lugar o vindeiro 24 e 25 de xullo para celebrar o día de Galiza coma se veu facendo nas anteriores edicións. Brassica Rapa é o grupo que abrirá o festival co seu novo concepto de charanga e o certo é que non se nos ocorre nada mellor para comezar unha festa. O ritmo continuará na pista da man do ska-punk dos italianos Banda Bassotti, Arrhythmia e De Ninghures.

Para o día 25 está previsto un café concerto no que actuarán Güintervan, DudeCan e Pandereteiras de Verducido. Lucía Veciño, da Fundación Galiza Sempre, fala da diversidade musical e de como os participantes “fusionan sons internacionais sen renunciar ao tradicional”.