Chega a IV edición da Festa das Palabras da Estrada

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Estrada organizan a IV edición da Festa das Palabras

Mañá, martes 6 de Xuño, Dinamizaestrada celebrará a IV Festa das Palabras ás 20:30 horas no Teatro Principal de A Estrada.

Nesta festa literaria os 62 gañadores e gañadoras do concurso de micropoemas e microrrelatos en galego, recibirán os seus premios apadriñados polo escritor Antonio García Teijeiro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Na presentación da actividade de dinamización da lingua entre a comunidade educativa púxose en valor o traballo conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.

“A Estrada ten unha importante vida literaria”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -