Este venres 19 de maio ás 20:00 horas terá lugar a inauguración dunha exposición fotográfica sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo na Casa das Letras de A Estrada.
Chega este venres unha exposición fotográfica de @SindoNovoa sobre a @Rapa_Sabucedo ao @c_aestrada Máis info ??? https://t.co/lnmJfZVeBr pic.twitter.com/ORZRvufrM3
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 maio 2017
A exposición estará composta por 20 instantáneas do fotógrafo Sindo Novoa, asiduo desta festa dende hai 4 anos, nas que recolle todo o proceso da Rapa, dende a recollida dos cabalos no monte, baixada, curro, saneamento e regreso aos montes de Sabucedo.
As fotografías estarán expostas ata o 10 de Xullo e, posteriormente, desprazaranse a outros lugares da xeografía galega para dar a coñecer esta festa de Interese Turístico Internacional máis alá das habituais imaxes xa coñecidas do curro.