Chega “Encontros ao vivo”, o novo proceso participativo en Santiago

O goberno local de Santiago manterá encontros abertos mensuais coa cidadanía

Encontros ao vivo. Este é o nome que levarán os actos deseñados desde o goberno municipal para completar os procesos de participación cidadá. A iniciativa presentouna esta mañá, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Martiño Noriega na presentación de “Encontros ao vivo”

Nestes encontros participarán todos os concelleiros e concelleiras do Goberno local como sinalou Martiño Noriega. Desde o Concello pretenden, deste xeito, establecer un novo  contacto directo cunha cidadanía que pode, directamente, formular “novas demandas ou expresar as súas opinións”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As xuntanzas terán lugar un sábado de cada mes pola mañá na rede de centros socioculturais. O primeiro terá lugar o 25 de febreiro no Centro Sociocultural de Fontiñas a partir das 11:30 horas. Estará dirixido á zona Urbana Nordeste, que agrupa as zonas de Belvís, Fontiñas, San Pedro, San Lázaro, Amio, Viso, Monte dos Postes e Camiño Francés.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -