Home Programas Espazo Aberto Chega a degustación de tapas da Festa do Salmón da Estrada

Chega a degustación de tapas da Festa do Salmón da Estrada

0
Chega a degustación de tapas da Festa do Salmón da Estrada

Este venres como antesala a Festa do Salmón, catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2013, comezará a degustación de tapas nos locais de hostalería estradense.


As tapas elaboradas, como non pode ser doutro xeito co rei do río, o salmón, terán un custo de 1,80€, e poderanse degustar en horario matinal de 12:00 a 15:00 e en horario de tarde de 20:00 a 23:00 nun total de 28 locais repartidos nos dous próximos fin de semana.