Home Programas Área Compostela Chega, con moita forza, a Festa do Deporte

Chega, con moita forza, a Festa do Deporte

0
Chega, con moita forza, a Festa do Deporte
SONY DSC

A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta este martes dos detalles da I Festa do Deporte, que se celebrará o vindeiro sábado 17 de xuño en varias localizacións de Compostela, entre as que destacan a Alameda, o complexo de Santa Isabel, o parque de Galeras ou a praza Roxa.

Preme na imaxe para acceder ao programa da Festa do Deporte

Máis de 50 entidades e 47 disciplinas deportivas

A día de hoxe son máis de 50 as entidades deportivas apuntadas a esta Festa do Deporte, que terá un total de 47 disciplinas deportivas.

As actividades comezarán ás 11:00 horas de forma simultánea en todas as sedes e finalizarán ás 20:30 horas. A partir de entón haberá unha pequena festa de peche no Campo de Fútbol de Santa Isabel. A Festa do Deporte está aberta a toda a familia e poderase participar achegándose ás diferentes sedes e actividades.