Home Programas Área Compostela Chega a Compostela a undécima edición de XiraKarting

Chega a Compostela a undécima edición de XiraKarting

0
Chega a Compostela a undécima edición de XiraKarting
SONY DSC

A undécima edición de XiraKarting chega a Compostela. A concelleira de deporte, Noa Morales, presentou esta actividade pioneira do karting en Galicia, acompañada por Raquel González, directora de RGM Eventos; Antonio Cortés, director de Marketing de Gadisa, e Ernesto Vázquez, da Federación Galega de Automobilismo.

A actividade terá lugar do 9 ao 11 de xuño nun circuíto instalado no barrio de Salgueiriños

Unha actividade pioneira

A actividade é pioneira do karting en Galicia e achégase a Compostela tras o seu paso por Lugo e Ourense. XiraKarting recalará con posterioridade en Ferrol, A Coruña e Vigo. A posible canteira de novos pilotos da Federación Galega percorrerá XiraKarting por segundo ano consecutivo e, grazas á Beca XiraKarting, poderán participar nenos e nenas de 4 a 7 anos de forma gratuíta.