O Concello de Santiago, en colaboración con catro agrupacións folclóricas da cidade, pon a andar o ciclo “As raíces na pedra”. Trátase dun proxecto para impulsar a música tradicional en Compostela.
Unha aposta para que calquera persoa se poida iniciar no baile tradicional
Desde a organización do ciclo sinálase que se realizarán obradoiros de iniciación no baile da muiñeira, das xotas ou das danzas de reis como tamén se pulará pola difusión dos xogos tradicionais. Tanto o 12 como o 13 de xuño haberá actividades nas prazas de Praterías e do Toural.
Chega o ciclo “As raíces na pedra”, unha actividade de difusión da música tradicional galega
Para máis info: ???https://t.co/Y6spbNkKJk pic.twitter.com/hybufeUEdC— Nós Televisión (@NosTelevision) 8 de junio de 2017