A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou hoxe no Pazo de Raxoi a terceira edición da Feira do Viñeirón 2017, un espazo creado para satisfacer as demandas dos apaixonados do viño. Na rolda de prensa, a edil estivo acompañada polo director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas e a directora da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.
15 mellores talentos
A Cidade da Cultura acollerá un encontro directo entre os quince mellores talentos do ámbito. Trátase dun proxecto que aposta pola innovación e polos xóvenes empresarios que, na actualidade, aínda están emerxendo. Xoán Cannas explicou que, nesta edición, existe unha faceta diferenciadora que consiste en amosar como se achega a muller ao mundo do emprendemento a través do viño.
En ocasións anteriores, o Viñeirón contou coa presenza de aproximadamente 400 persoas, tal e como indicou o propio director do Instituto Galego do Viño. A maiores, Xoán Cannas fixo fincapé na idea de que o viño é un “fío condutor” e en Galiza “non hai demasiadas feiras”, o que provoca que esta teña unha clara transcendencia e particularidade para a nosa cidade.