A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o a segunda edición do Memorial Antonio Bermúdez, organizado polo Concello e a Escola Deportiva Santiago.
O torneo desenvolverase o sábado 1 de xullo no campo de fútbol de Santa Isabel. A competición comezará ás 10:00 horas e rematará ás 13:30 horas coa entrega de trofeos.