O Museo da Cidade da Cultura acollerá, desde mañá, “Flor Novoneyra”, a exposición que pretende reunir a dúas grandes figuras da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.
Flor Novoneyra está formada por máis dun cento de obras nas que Lamazares transcribe versos do poeta do Courel empregando o seu coñecido Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental que o pintor bautizou co nome do seu pai. Conversamos con Uxío Novoveyra, fillo do recoñecido escritor e representante da fundación que leva o nome do poeta do Courel.
Conversamos con @UxioNovo, da Fundación @Novoneyra, sobre a exposición “Flor Novoneyra” https://t.co/4Ukh3YBJGK pic.twitter.com/1Sls51kePW
— Nós Televisión (@NosTelevision) 1 de junio de 2017
María Díaz: “Lamazares é un dos maiores artistas a nivel internacional que ten Galicia”
A exposición, producida pola Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura estará á disposición do público ata o vindeiro 17 de setembro. Conversamos coa súa comisariada, María Díaz, directora da galería About Art en Pontevedra.
A exposición está comisariada por María Díaz, directora da Galería About Art. “Lamazares é un dos artistas máis importantes que ten Galicia” pic.twitter.com/HH0vbGYycN
— Nós Televisión (@NosTelevision) 1 de junio de 2017
Flor Novoneyra, a ambiciosa exposición de Antón Lamazares
Case cinco décadas despois de que a súa aparición revolucionase a plástica en Galicia, Lamazares segue a ser hoxe un dos pintores galegos con maior proxección internacional. A súa obra, recoñecida dentro e fóra da comunidade, tense exposto nos museos máis prestixiosos de España e en galerías internacionais de referencia.
"Eu considérome poeta" https://t.co/4Ukh3YBJGK Antón Lamazares, pintor lalinense e protagonista da Exposición "Flor Novoneyra" pic.twitter.com/uqoA42XxbM
— Nós Televisión (@NosTelevision) 1 de junio de 2017
Ata o 17 de setembro
Uxío Novoneyra (1930, Parada de Moreda, Serra do Courel – 1999, Santiago de Compostela) representa unha das figuras de referencia das letras galegas. Á idade de 25 anos publicou Os Eidos (1955), un poemario considerado coma un dos cumios da literatura galega.