Home Programas Área Compostela Chega a Compostela a XV edición do Curtocircuíto

Chega a Compostela a XV edición do Curtocircuíto

0
Chega a Compostela a XV edición do Curtocircuíto

O Festival Internacional de Cine Curtocircuito cumpre nesta edición o seu 15º aniversario, e segue na procura de novas formas e linguaxes cinematográficas no cinema mundial ao tempo que inclúe na súa programación seccións que xuntan o espíritu vangardista co festivo.

A sala de prensa de Raxoi acolleu hoxe a presentación e nela o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, destacaron a identidade propia deste festival, sendo xa un referente en todo o país.

Tamén participou Jacobo Sutil, director de Agadic, quen resaltou a importancia das curtametraxes como unha linguaxe propia, non sendo estas un xénero menor, senon unha nova forma de explorar os universos cinematográficos na busqueda dunha nova forma de contar os relatos fílmicos.

Polo seu lado o director do Festival Pela del Álamo amosouse moi satisfeito e orgulloso de que Curtocircuíto sume unha nova edición, ainda que advertiu que o camiño non foi nada doado.

O Festival comezará o vindeiro sábado 29 de setembro e rematará o 7 de Outubro, e acollerá este ano a estrea do filme “O espíritu de Pucho Boedo” unha colaboración do cineasta galego Lois Patiño e o grupo compostelán Novedades Carminha. En total serán 64 os filmes a competición, dos cales 31 son estreas. Ademáis do cine, haberá espacio para a música, conferencias, seminarios ou performances.